top of page
maqueta logo glovo letras brancas.png

ALLEO

Todo comeza alí arriba, onde atisbamos o que acontece e se rexistra o alleo do campo e do mar. Desde a miña posición apréciase a verdade; a torre é calida, é laranxa. Os raios de sol fúnden-se nas fisuras e rompen baixo pedras rotundamente terrenais. Aquela ardente soidade, queima e destrue o privilexio do atisbo deixándonos no abandono ante a eterna inmensidade. 


 

Alleo se basea na idea da atalaia. Parte do condicionamento da “privilexiada” posición da torre e de quen desempeñaba o papel da vixilancia. Habitamos ambos corpos: o poder que outorgaba o coñecemento do descoñecido e do que estaba por vir así como a soidade dessa posición e do peso do descubrimento do alleo. 

 

Espectáculo seleccionado para a Feria Internacional de Teatro y Danza de Huesca 2022

Espectáculo finalista no 36º Certame Coreográfico de Madrid 2022

Espectáculo seleccionado para o catálogo Danza a Escena 2023

Espectáculo recomendado pola Comisión Asesora do Programa.cat 2023 de Catalunya

Espectáculo seleccionado para o catálogo do Circuito de Danza de Euskadi 2023

Espectáculo seleccionado para o programa La Cultura Contraataca - Escena 2023

Espectáculo seleccionado para a Red Acieloabierto 2023

Espectáculo seleccionado para a Feria Galicia Escena Pro 2023

Espectáculo seleccionado para o catálogo RAEE - Red Aragonesa de Espacios Escénicos

Espectáculo premiado no Festival DZM 2022

Duración

15 minutos

Creación e interpretación: 

Esther Latorre 

Hugo Pereira 

 

Música: 

Collage

 

Vídeo: 

Dani Rodríguez 

 

Apoio en xestión: 

Manu Lago 

 

Vestiario: 

Jandro Villa 

 

Co apoio de: 

Galicia Danza Contemporánea 

Concello Lugo 

CONTRATACIÓN

Hugo Pereira / Colectivo Glovo

colectivoglovo@gmail.com

+34 604002295

1606 (5).jpg
  • Facebook
  • Instagram
bottom of page