top of page

SINOPSE

“Onde comeza o noso toque, estamos.

Estou.

Estás.

Estamos?

É unha ocupación da realidade, unha conquista.

Procura os rostros coñecidos.

Titubeas carente de roce e aceptas, en ocasións sen suceso.

O corpo habitado.

O corpo enigma.”

 

IDEA ORIXINAL​

A peza EM·NA baséase na idea da vibración coma elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.

 

A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fisicalidade individual.

A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotidiana.

A forte presenza do mundo e espíritu xaponés crea unha estética chea de detalles significativos e contundentes.

 

A duración de cada movemento e acción case parece a dun pensamento, propósito ou reflexión. A peza busca por tanto entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante.

Un “momentum” sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio.

 

EM·NA profundiza na nosa realidade animal, instintiva e intuitiva.

 

EM·NA fala do que o corpo entende. Auto-piratería.

 

Corpo sensible

Corpo casa

Corpo enigma

Corpo social

Corpo habitado

 

Creación e interpretación:

Esther Latorre e Hugo Pereira

 

Espazo sonoro:

BABYKATZE

Deseño de iluminación:

Pedro Fresneda

 

Técnico en xira:

Jaume Blai

Vídeo:

Adrián González e Dani Rodríguez

 

Fotografía:

Carlota Mosquera

Apoio en xestión:

Manu Lago

 

Deseño de imaxe:

Marcia Vázquez

 

Vestiario:

Jandro Villa

Con axuda á creación:

Agadic · Xacobeo 21 · Xunta de Galicia

Co apoio de:

Teatro Ensalle

Galicia Danza Contemporánea

INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España

Concello Lugo

 

Colabora:

Escola Palimoco

Imposible acabar mellor o Día Mundial do Teatro: nun teatro vendo danza. Pero ese teatro non é calquera teatro senón Ensalle de Vigo. Un espazo único, porque non só exhibe espectáculos senón que lles dá acubillo e iluminación. E esa danza non é calquera danza é a do Colectivo Glovo de Lugo. Estrean EM•NA en Vigo. Unha peza dun virtuosismo dancístico delicado e, á vez, poderoso. Intensidade contida. Ascetismo electrizante. Esther Latorre e Hugo Pereira teñen un unísono que é maxia pura. É como se a diferenza se espellase na conxunción e o movemento, deste xeito multiplicado e espellado, adquirise unha vibración que nos toca e nos atrapa. A luz de Pedro Fresneda, do Ensalle, é como unha araña a tecer unha tea que se abanea co movemento, igual que a area que move o vento ou as ondas nunha praia. A vibración explícita, localizada en diferentes partes dos corpos do dúo, fai virar as miradas. O movemento acumúlase, contense, estoura en diferentes intensidades e proporcións, flúe e reverbera en nós sen desfacer o sortilexio de EM•NA. Marabilla de peza! Calidade máxima!

Afonso Becerra de Becerreá

Duración

60 minutos

Estrea

Teatro Ensalle de Vigo os días 26, 27 e  28 de marzo de 2021

CONTRATACIÓN

Hugo Pereira / Colectivo Glovo

colectivoglovo@gmail.com

+34 604002295

0 emna web logos.png
maqueta logo glovo letras brancas.png

EM·NA

  • Facebook
  • Instagram
bottom of page