TABÚ
Creación:
Esther Latorre
Hugo Pereira
Interpretación:
Esther Latorre
Hugo Pereira
Clara Ferrão
Sybila Gutiérrez
Fran Martínez
Deseño de iluminación:
Pedro Fresneda
Técnico en xira:
Jaume Blai
Xacobo Castro
Espazo Sonoro:
BABYKATZE
Colaboración Arquivo Sonoro:
Arquivo Galego do Oral
Apoio en xestión:
Manu Lago
Fotografía:
Carlota Mosquera e Dani Rodríguez
Deseño de imaxe:
Paulina Funes
Vestiario:
Colaboración con Adolfo Domínguez
Coproduce:
Centro Coreográfico Galego ·
Xacobeo 21-22 · Xunta de Galicia
Co apoio de:
Teatro Ensalle · INAEM · Ministerio de Cultura · Goberno de España · Concello Lugo · Museo MIHL · Concello Allariz · A Casa Vella · Galicia Danza Contemporánea · Escola Palimoco
Parecer sen imitar, figurar sen esquecer.
Escenario carnavalesco de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos.
Que muller eras ti?
Que muller es ti?
A aparencia como posibilidade de futuro.
Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruzamento entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía con data de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela, un grupo de mulleres, vestidas co conxunto de dous equipos de fútbol: o Arnoya de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria, e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”.
Aparentemente, estabamos ante o primeiro rexistro dun equipo pioneiro de futfem, unha imaxe en branco e negro, pertencente ao Arquivo Municipal de Allariz, onde estas 12 mulleres aparecen ataviadas co uniforme futbolístico pousando en formación.
A imaxe parécenos dunha inmensa beleza e cústanos deixar de pensar na historia que debe de haber por detrás:
Quen eran estas mulleres?
Que foi delas?
Que sucedeu nese partido?
Atopámonos ante unhas pioneiras?
Fronte a estes interrogantes, comezamos -sen retorno- unha inmersión nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.
Duración
60 minutos
-
Espectáculo seleccionado para a Feira Galicia Escena PROL 2022
-
Espectáculo seleccionado para MADferia 2023
-
Espectáculo seleccionado para o catálogo PLATEA. Edición 2023-2024
-
Espectáculo seleccionado para o catálogo do Circuito de Danza de Euskadi 2024
-
Espectáculo seleccionado para o programa A Cultura a Escena 2024 Cantabria
-
Espectáculo recomendado Catálogo Camiño Escena Norte 2024