top of page
TROMSO_8.jpg

TROMSØ 
COMPAÑÍA MORRAOCONTO

Dirección, texto e dramaturxia:

Rafa martínez

Dirección coreográfica e de movemento:

Esther latorre

Elenco:

Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga

Música en directo:

Julia ammerman

Lucía iglesias

Axudante de dirección:

Clara Martín

Deseño de vestiario:

Morraoconto

Ana Gesto

Espazo escénico:

Morraoconto

José Faro “Coti”

Deseño de iluminación:

José Faro “Coti”

Voz en off:

Lidia Veiga

Máscaras:

Rafa Rey Domech

Animacións, deseño e imaxe gráfic:

Rafa Martínez

Cámara e corrección de cor:

Román Sanín

Produce:

Morraoconto

Xunta de Galicia

Colabora

Concello de Ames

Concello de Santiago

Concello de Vimianzo

Concello de Arzúa

Deputación da Coruña

Cemma

Agradecementos:

Alfredo López (Cemma Cetáceos)

Roberto Salgueiro

Ana Gesto

Manu Lago

Paula Quintas

Sheyla Fariña

Edu Iglesias

Pilar Martínez

"TROMSØ" é unha produción da compañía MORRAOCONTO co dirección coreográfica e de movemente de Colectivo Glovo - Esther Latorre

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.

Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

“O día que eu nacín, alguén que non consigo recordar, agasalloulle a miña nai unha pequena planta de tronco pequeno e estreitas e alongadas follas a piques de se murchar. Mais o que descoñecía, era que o meu destino remataría irremediablemente ligado ao desa maldita drácena maltreita que medraba silendeira na beiriña do salón. E que me empurraría case trinta anos máis tarde a navegar á deriva, completamente perdido, polo círculo polar”.

Este é o punto de partida no que, Él, facendo un repaso pola súa vida se percata de como esta quedou marcada para sempre pola drácena que durante vinte anos medrou inadvertida á beiriña da ventá, xunto ao sofá. Un agasallo de nacemento que se transformaría na primeira experiencia profunda que tería coa morte e, ademáis, a primeira pena de tantas que, sen saber moi ben cómo, cargaría para sempre no seu corazón.

Agora, cheo de máis tristura e incerteza da que ninguén podería soportar, decide partir cara Tromsø, navegar as xélidas augas do mar de Noruega e buscar un lugar onde desfacerse de todo ese pesar, coa esperanza de que tal vez, na fin do mundo, él e a drácena que o acompaña atopen as respostas que andan buscando.

Duración

80 minutos

LOS CURSOS
bottom of page