XENÉRICA
Creación e dirección:
Esther Latorre
Hugo Pereira
Interpretación:
Esther Latorre
Música orixinal:
Tommy Dorsey e Antonio Vivaldi
Espazo sonoro:
Colectivo Glovo
Apoio en xestión:
Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Fotografía:
Maitane Campos
SINOPSE
Eu camiño, de modo xenérico, vulgar, común. Pasei desapercibida porque xa pasei por aquí, millóns de veces. Son a mesma que son sempre, repetida, a que fun onte e a que serei mañá. Camiño sobre os meus pés, desexando o inverno para xuntarme ao lume. Non te sorprendas se mañá tamén estou aquí, pretendo volver, sempre.
IDEA ORIXINAL
Xenérica é un só que profunda na natureza feminina máis ancestral e salvaxe que pretende perpetuar a figura das mulleres. É un canto ás mulleres da miña vida, que son xenéricas para a vida de todas. É unha homenaxe a nais, avoas, sobriñas e irmás, e a todas as mulleres que loitaron insaciablemente por protexer e coidar pasando desapercibidas.
Duración
15 minutos