top of page
Alén - Colectivo Glovo.jpg

ALÉN

Dirección e autoría:

Esther Latorre e Hugo Pereira


Coreografía:

Esther Latorre


Asistencia coreográfica:

Hugo Pereira


Asistencia de ensaio:

Estefanía Gómez


Interpretación:

Esther Latorre, Paula Urquijo / Estefanía Gómez, Xián Martínez e Marc Fernández


Asesoría de movemento (danza tradicional):

Iván Villar


Espazo sonoro:

José Pablo Polo


Deseño de iluminación:

Xacobo Castro
 

Vestiario:

Adolfo Domínguez


Vídeo:

Miguel PG – HARRIA PRODUCCIÓNS

Henrique Lamas


Fotografía:

Sabela Eiriz


Produción:

Hugo Pereira · Colectivo Glovo

Coprodución con:
Centro Coreográfico Galego · Axencia Galega das Industrias Culturais · Xunta de Galicia · Colectivo Glovo · Teatro Ensalle · Concello de Lugo · Concello de Ames · Concello de Carballo · Seattle International Dance Festival · Teatro de Vila Real (Portugal) · Auditório Municipal de Macedo de Cavaleiros (Portugal) · El Palacio. Residencias Artísticas y Acción Cultural de Gijón

SINOPSE

Hai momentos nos que sentimos que algo se rompe por dentro. Non sabemos ben que vén despois, só que xa non somos quen eramos. Estamos entre dúas augas, entre dous nomes, entre dous mundos. O último alento antes do salto. Nese instante, entre o derrubamento e o renacemento, nace ALÉN.

 

IDEA ORIXINAL

ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea interpretada por catro intérpretes que nace do desexo de habitar o límite. Explora o “alén” non como un destino, senón como un proceso: o momento no que algo remata, mais o novo aínda non tomou forma.

A peza propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dun territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. A través dunha proposta dancística dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.

Trátase dunha proposta moi física e dinámica, cunha enerxía que se mantén en fluxo continuo. O movemento non se detén: evoluciona, transfórmase e desprega novas calidades corporais, creando un tecido escénico en permanente cambio. Esta intensidade física, combinada coa natureza ritual da peza, convida o público a mergullarse nunha experiencia sensorial na que o tempo semella suspender a súa lóxica habitual.

LOS CURSOS
TIRA LOGOS ALÉN(1).png
bottom of page