
ALENDA
Dirección e autoría:
Esther Latorre e Hugo Pereira
Coreografía:
Esther Latorre
Intérpretes:
Estefanía Gómez, Inés Vieites, Paula Urquijo e Esther Latorre
Deseño sonoro:
Jose Pablo Polo
Deseño de iluminación:
Xacobo Castro
Vídeo:
Mila Ercoli
Fotografía:
Sabela Eiriz
Identidade visual:
Esther Latorre · Colectivo Glovo
Produción e distribución:
Hugo Pereira · Colectivo Glovo
Co apoio de:
Centro Coreográfico Galego · Axencia Galega das Industrias Culturais · Xunta de Galicia · Colectivo Glovo · Teatro Ensalle · Concello de Lugo · Concello de Ames · Concello de Carballo · Seattle International Dance Festival · Teatro de Vila Real (Portugal) · Auditório Municipal de Macedo de Cavaleiros (Portugal) · El Palacio. Residencias Artísticas y Acción
Cultural de Gijón.
SINOPSE
Catro corpos. Un espazo compartido. Unha forma que comeza a transformarse.
O que parecía ser unha única entidade ábrese, divídese, multiplícase.
ALENDA transcorre nese espazo incerto entre permanecer xuntos e atopar o propio camiño.
SOBRE A CREACIÓN
ALENDA é unha viaxe breve e intensa cara á forza do colectivo e á súa inevitable fractura.
O que inicialmente semella ser unha comunidade cohesionada comeza a fragmentarse gradualmente, deixando no aire unha pregunta: que queda dun grupo cando deixa de ser un?
Coma se unha materia compartida se descompuxese en múltiples partículas, a peza non procura unha conclusión definitiva, senón que abre un espazo para a dispersión, a posibilidade e o eco.
Un final aberto que permite que o movemento continúe máis alá do escenario, convidando o público a completar o seu propio percorrido.













