top of page
maqueta logo glovo letras brancas.png
  • Facebook
  • Instagram

RESIDENCIAS ARTÍSTICAS E DE INVESTIGACIÓN
ATOPÉMONOS BAILANDO

Atopémonos bailando foi o proxecto de reactivación de Colectivo Glovo en colaboración co Concello de Lugo e Galicia Danza Contemporánea - Manu Lago e o apoio da Agadic · Xunta de Galicia a través das axudas de Impulso ás Artes Escénicas no que se reuniron varias artistas emerxentes da danza de Galicia a través dun programa de residencia, formación, mediación e exhibición na cidade de Lugo en 2020 e 2021.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este proxecto convértese en 2022 no Programa de Residencias Artísticas e Investigación Atopémonos Bailando para creadoras de danza e artes do movemento de Galicia, resto de España e Portugal, co-organizado por Colectivo Glovo, o Concello de Lugo e Galicia Danza Contemporánea - Manu Lago, co apoio da Xunta de Galicia a través da Agadic, completando así o apoio á danza polo Concello xunto aos proxectos Festival Cartografía en Movemento e o Ciclo LED Lugo En Danza.

 

En 2023, froito do interés en tecer redes transfronteirizas con outras entidades e ampliar o alcance do programa, entran a formar parte como colaboradores do programa tres institucións artísticas que posibilitan o intercambio entre España, Portugal e Costa Rica: 

Espacio teatromosca de Portugal: AMAS - AUDITÓRIO MUNICIPAL ANTÓNIO SILVA

Sede SóLODOS Costa Rica 

Taller Nacional de Danza de Costa Rica

Obxectivos do programa de residencias

-Impulsar e apoiar a creación e investigación en danza e artes do movemento de compañías de ámbito galego, nacional e internacional vinculando a Portugal no programa e creando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención a creadoras de Galicia.

-Difundir e achegar os procesos de creación en danza contemporánea á  cidadanía a través dunha programación de calidade, diversa, innovadora, internacional, gratuita e a  través de programas de apertura de procesos de creación.

-Crear un espazo de formación e práctica en danza contemporánea mediante a realización de obradoiros destinados a diversos tipos de público.

-Xerar colaboración e traballo en rede de axentes profesionales nacionais e internacionais mediante o intercambio de artistas e información de compañías e proxectos. 

CONVOCATORIA 2023 Disponible a partir do  27/01/2023. Deadline 15/02/2023. PECHADA

BASES CONVOCATORIA

RESOLUCIÓN CONVOCATORIA 2023

 

>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>

CONVOCATORIA 2022 Disponible a partir do  04/03/2022. Deadline 31/03/2022 PECHADA

BASES CONVOCATORIA

RESOLUCIÓN CONVOCATORIA 2022

PROGRAMA DE RESIDENCIAS E ACTIVIDADES DERIVADAS 2022:

Sabela Mendoza – “DOBREZ” 

Residencia artística no MIHL do 27 Xuño ao 3 de Xullo de 2022. 

Mostra aberta/obradoiro 29 de Xuño de 2022 no Museo MIHL. 

SIN FONDO NEGRO Y NARANJA.png
1.png

Paula Quintas – “MULTIPERSPECTIVAS#2” 

Residencia artística no MIHL do 9 ao 13 de Agosto de 2022 e do 30 de agosto ao 3 de Setembro de 2022. 

Mostra aberta/obradoiro: 3 de setembro de 2022 no Museo MIHL.

Alba Herrera – “CASA PIEL” 

Residencia artística no MIHL do 5 de Setembro de 2022 ao 11 de Setembro de 2022. 

Mostra aberta/obradoiro 10 de Setembro de 2022 no Museo MIHL. 

Lucía Marote – “LA ZONA” 

Residencia artística no MIHL do 23 de Setembro de 2022 ao 2 de Outubro de 2022. 

Mostra aberta/obradoiro: 1 de Outubro de 2022 no Museo MIHL. 

Sonsoles Cordón – “DERMA” 

Residencia artística no MIHL do 18 de Outubro de 2022 ao 22 de Outubro de 2022. 

Mostra aberta/Obradoiro: 21 Outubro de 2022 no Museo MIHL. 

Sofia Kafol – “LADYLIKE” 

Residencia artística no MIHL do 23 ao 31 Outubro do  2022. 

Mostra aberta día 28 de Outubro do 2022 no Museo MIHL. 

Obradoiro día 27 de Outubro do 2022 no Conservatorio de Danza de Lugo. 

TIRA LOGOS DEF.jpg
bottom of page