top of page
maqueta logo glovo letras brancas.png
  • Facebook
  • Instagram

Cía. Colectivo Glovo nace no 2016 baixo a dirección de Esther Latorre (España) e Hugo Pereira (Portugal) en Valencia, xerando así un espazo de creación onde ambos, intérpretes e coreógrafos, desenvolven conxuntamente a súa faceta máis imaxinativa.

Residentes en Galicia dende 2019, traballan na creación da escena tanto para teatros coma espazos non convencionais, xa que un dos seus principais obxectivos coma compañía é aumentar as dimensións do alcance das dinámicas do corpo.

Glovo admite a súa paixón pola linguaxe do movemento e persegue a investigación das novas expresións escénicas partindo do propio corpo sen límites establecidos.

Ademáis, e paralela a esta faceta creativa, a cía. busca aportar semente ao tecido artístico presente na comunidade xerando espazos de colaboración con outras agrupacións e artistas procurando o achegamento entre o maior número de creadores, intérpretes e mentes-corpo inquedas, non só en Galicia senón cunha proxección internacional notable, facendo especial fincapé no interese pola eliminación da barreira cultural invisible entre Galicia e o norte de Portugal.

Dende a súa fundación no 2016, Colectivo Glovo percorreu diferentes países coma España, Portugal, Italia ou México, entre outros. Coa súa primera peza M A P A, recibiu mencións especiais en festivais internacionais coma Corto In Danza (Italia), La Espiral Contemporánea (Santander), así como o Premio do público no Certame Coreográfico Internacional de Solos e Dúos Sólodos En Danza (Ourense) ou o Primeiro Premio no Certamen Coreográfico Internacional de Burgos & New York – Bailando con piedras.

Formou parte do circuito nacional Red Acieloabierto 2020, Danza a Escena 2021 e dende 2018 colabora coa firma de moda Adolfo Domínguez (Premio Nacional de Deseño de Moda 2019). Xunto á marca, destaca a videocreación Materia Gris (2019) finalista nos Milan Fashion Festival 2020 (Italia) e selecionada para a Video Dance Showcase da 29th edición da Quinzena de Dança de Almada - International Dance Festival (Portugal), o Fashion Film Guimaraes 2021 e a Mostra Internacional de dança - Imagens em Movimento (Brasil).

En 2020 a compañía foi merecedora da axuda á creación escénica por parte do AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) para a súa primeira creación de longo formato EM·NA, estreada en marzo de 2021 e tendo percorrido xa teatros de España e Portugal.

Citamos ao crítico Afonso Becerra que fala así de EM·NA :

“EM·NA es una pieza de un virtuosismo dancístico delicado y a la vez poderoso. Intensidad contenida. Ascetismo electrizante. Como señalé, Esther y Hugo, tienen un unísono que es magia pura. Es como si la diferencia se espejase en la conjunción y el movimiento, de esta forma multiplicado y espejado, adquiriese una vibración que nos toca y nos atrapa”

Destaca a súa participación coa peza MARRAFA (extracto de EM·NA) coma finalista no 35º Certamen Coreográfico de Madrid, e tendo sido merecedora de premios en Barcelona e Austria.

En 2021 aventúranse de novo á creación xerando dúas pezas novas: ALLEO e TABÚ.

ALLEO é unha proposta de curto formato para espazos non convencionais que xunta a tradición galaico-portuguesa ao movemento nunha peza de marcado carácter norteño. Paralelamente, desenvolven a creación e produción da nova peza escénica de longo formato TABÚ, merecedora da axuda á Coprodución co Centro Coreográfico Galego.

En 2021 comezan a facer parte da direción de - XAMBRA - unha asociación cultural e multidisciplinar do norte de Portugal cuxa intención é a de promover o intercambio de compañías e artistas galegos e compañías residentes no norte de Portugal.

En 2022 a compañía continúa proxectando a súa xira escénica tendo xa datas en Italia, Barcelona, Portugal e México, e encóntrase preparando unha colaboración de videocreación cunha entidade portuguesa para 2022-2023.

Paralelamente a esta faceta creativa, o Colectivo Glovo dirixe as residencias de danza Atopémonos Bailando de Lugo e co-organiza o festival Cartografía en Movemento, tamén de Lugo.

Con ‘Cara a unha escena plural’, proxecto que impulsa a circulación da danza e artes vivas de carácter profesional no noso territorio, colaborou compartindo a  súa experiencia de retorno e aposta polo contexto galego baixo o título "Quen somos nós e que facemos aquí?"

Esther Latorre

Hugo Pereira

Esther Latorre (Lugo, 1990)

Galega de nacemento, completa a súa carreira especializándose e graduándose en danza contemporánea no Conservatorio Profisional de Danza de Lugo, formando a que sería a primeira promoción de profisionais de danza contemporánea de Galicia, diplomándose tamén en Maxisterio de Educación Física na mesma cidade. Foi merecedora do premio á excelencia como intérprete de danza contemporánea.

Desde entón, traballou con compañías como Jove Companyia Gerard Collins (Valencia), Moudansa (Valencia), Companhia de Dança do Norte (Portugal), compañía Maduixa Teatre (galardoada co Premio Max ao Mellor Espectáculo de Rúa por "Mulïer"; Premio Moritz Millor Estrena de carrer 2016; Premio Umore Azoka 2017 (País Vasco) e Premio Artes Valencianas del IVC en 2018) ou nas coproduccións co Centro Coreográfico Galego "E- Migrantas" e "Primeiro a Vida" baixo a dirección de Kirenia Martínez.

Foi tamén merecedora do primeiro premio no Certamen Coreográfico Delmar (Valencia) coa peza "Aliquam" (coreografía e interpretación propias), ganadora do premio á Mellor Intérprete en Danza Contemporánea no 11º Certamen de danza Gerard Collins e foi alumna becada na Anton Bruckner Privat universität für Musik, Tanz und Schauspiel de Linz, Austria. Tamén, foi merecedora da Beca DanceWEB no Impulstanz de Viena, Austria no 35º Certamen Coreográfico de Madrid.

Desde 2016 é codirectora do Colectivo Glovo xunto a Hugo Pereira, e imparte formacións e obradoiros de danza e movemento a diferentes niveis tendo sido mestra en países como España, Italia, Portugal ou México. Coa cía. Colectivo Glovo participou en diferentes circuitos nacionais como Danza a Escena ou a Red Acieloabierto.

Destaca a súa formación intensiva en zancos, así como diversas colaboracións coa firma de moda Adolfo Domínguez.

Hugo Pereira (Porto, 1994)

Natural de Porto, comeza a súa formación no Conservatorio de danza JOBRA, onde se gradúa no 2015. Recibe diversas formacións en danza con mestres como Akram Khan Dance Company, Sagi   Gross (GrossDanceCompany, Nederlans), Shirley Esseboom (Nederlans), Víctor Hugo Pontes (Nome Proprio, Portugal), Inês Negrão (Portugal), Bruno Alexandre (Portugal), Carmela García (Otradanza, España), Julia Weh (Alemaña), Romulus Neagu (Portugal), Daniel Abreu (España), Diego Anido (España)…

Formou parte da Companhia de Dança do Norte na produción de 2015-2016 “Barulhos Nossos” e participou en diversos festivais nacionais e internacionais de creación.

É tamén titulado en Especialización en produción e xestión de artes escénicas polo Instituto de Xestión Cultural e Artística da Universidade Europea Miguel de Cervantes.

Atualmente está centrado na codirección de Colectivo Glovo, participando en festivais nacionais e internacionais e tendo sido premiado co Primeiro premio no Certamen Coreográfico Internacional de Burgos & New York – Bailando con piedras ou o Premio do Público no Certamen Iberoamericano Sólodos Endanza, entre outros. Coa cía. Colectivo Glovo participou en diferentes circuitos nacionais como Danza Escena ou Red Acieloabierto.

Foi tamén merecedor da Beca Barcelona Internacional Dance Exchange (BIDE) no 35º Certamen Coreográfico de Madrid.

Actualmente, colabora activamente coa firma de moda Adolfo Domínguez.

Colaboran

Clara Ferrão - Intérprete

Sybila Gutiérrez - Intérprete

Fran Martínez - Intérprete

Paulina Funes - Deseño gráfico

Adolfo Domínguez - Vestiario

BABYKATZE - Espazo sonoro

Pedro Fresneda - Deseño iluminación

Jaume Blai - Técnico en xira

Adrián González - Vídeo

Dani Rodríguez - Vídeo

Carlota Mosquera - Fotografía

Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea - Acompañamento en xestión

Marcia Vázquez - Deseño gráfico

Jandro Villa - Vestiario

SóLODOS - Colaboración en proxectos

Paula Quintas - Colaboración en proxectos

Chus Varela - Fotografía

Agadic · Xacobeo 21 · Xunta de Galicia - Axudas a creación

Centro Coreográfico Galego - Axudas a creación

INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España - Axudas a xira

Concello Lugo - Colaboración en proxectos

Teatro Ensalle - Colaboración en proxectos

Escuela Palimoco - Colaboración en proxectos

Museo MIHL - Colaboración en proxectos

Concello Allariz - Colaboración en proxectos

A Casa Vella - Colaboración en proxectos

bottom of page