top of page
maqueta logo glovo letras brancas.png

XENÉRICA

  • Facebook
  • Instagram

SINOPSE:

Eu camiño, de modo xenérico, vulgar, común. Pasei desapercibida porque xa pasei por aquí, millóns de veces. Son a mesma que son sempre, repetida, a que fun onte e a que serei mañá. Camiño sobre os meus pés, desexando o inverno para xuntarme ao lume. Non te sorprendas se mañá tamén estou aquí, pretendo volver, sempre.

IDEA ORIXINAL:

Xenérica é un solo que profundiza na natureza feminina máis ancestral e salvaxe que pretende perpetuar a figura das mulleres. É un canto ás mulleres da miña vida, que son xenéricas para a vida de todas. É unha homenaxe ás nais, avoas, sobriñas e irmás, e a todas as féminas que loitaron insaciablemente por protexer e coidar pasando desapercibidas.

Xenérica percorre os mapas destas traxectorias de vida e reclama a atención de todos aqueles que non souberon ver a maxia desta rebeldía.

Creación e dirección:

Esther Latorre

Hugo Pereira

 

Interpretación:

Esther Latorre

 

Música orixinal:

Tommy Dorsey e Antonio Vivaldi

Vídeo e deseño de imaxe:

Colectivo Glovo

Deseño gráfico e web:

Manu Lago

Espazo sonoro:

Colectivo Glovo

Apoio en xestión:

Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea

 

Fotografía:

Rosa González e Ángel Sousa - Abanea

 

 

Duración

20 minutos

Estrea

31/07/2022 |  Estrea Festival Abanea - Galicia

27/07/2022 | Pre-estrea Violencia Zero Deputación Pontevedra - Tui

CONTRATACIÓN

Hugo Pereira / Colectivo Glovo

colectivoglovo@gmail.com

+34 604002295

bottom of page