MARRAFA
Creación e interpretación:
Esther Latorre
Hugo Pereira
Deseño de iluminación:
Pedro Fresneda
Técnico en xira:
Jaume Blai
Espazo Sonoro:
BABYKATZE
Apoio en xestión:
Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Fotografía:
Juan Carlos Arévalo
Vestiario:
Jandro Villa
Co apoio de:
Teatro Ensalle · INAEM · Ministerio de Cultura · Goberno de España ·
Concello Lugo · Galicia Danza Contemporánea
MARRAFA é un extracto da peza EM·NA
SINOPSE
“Onde comeza o noso toque, estamos.
Estou.
Estás.
Estamos?
É unha ocupación da realidade, unha conquista.
Busca os rostros coñecidos.
Titubeas carente de rozamento e aceptas,
en ocasións sen éxito.
O corpo habitado.
O corpo enigma.”
IDEA ORIXINAL
A peza EM·NA baséase na idea de vibración como elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.
A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fisicalidad individual.
A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fisicalidad contemporánea, espida, crúa e cotiá.
A forte presenza do mundo e espírito xaponés crea unha estética chea de detalles significativos e contundentes.
A duración de cada movemento case parece a dun pensamento, propósito ou reflexión.
A peza busca por tanto entretejer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante.
Un “momentum” sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade de silencio.
EM·NA profunda na nosa realidade animal, instintiva e intuitiva.
EM·NA fala do que o corpo entende. Auto-piratería.
Corpo sensible
Corpo casa
Corpo enigma
Corpo social
Corpo habitado
Duración
15 minutos
-
Premiada no Festival Corpo Mobile de Roma (Italia) e no 35º Certame Coreográfico de Madrid